A Rede Social Galicia Sur[1] defínese como Rede Social de organizacións e colectivos, sen vinculacións partidistas nen sindicais, que traballamos no eido social e/ou na cooperación internacional ao desenvolvemento co fin de acadar unha sociedade máis xusta, igualitaria, equitativa e sostible que respecte os dereitos das persoas.
A Rede, que ten como obxectivo xeral favorecer desde o traballo en rede das organizacións implicadas na RSGS, a transformación local e global, cara a unha sociedade máis xusta, igualitaria, equitativa e sostible que respecte os dereitos humanos (económicos, sociais e culturais), ven dende hai anos traballando a prol da apertura dun Centro de Inclusión social de carácter público na cidade de Vigo que dea resposta ás necesidades das persoas sen fogar.
[1] Conforman esta rede: ACLAD ALBORADA, ASOCIACIÓN ÉRGUETE VIGO, ASOCIACIÓN XUVENIL ABERTAL, CÁRITAS DIOCESANA TUI-VIGO, COMITÉ ÓSCAR ROMERO, EMAÚS FUNDACIÓN SOCIAL, EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS, ENTRECULTURAS, GRUPO O IMAN- CEDRO, INTERMÓN OXFAM, MÉDICOS DO MUNDO, FUNDACIÓN PROCLADE, SOLIDARIDADE INTERNACIONAL DE GALICIA , PARROQUIA DO CRISTO DA VICTORIA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario