viernes, 9 de marzo de 2012

Grazas! Xa superamos as 2000 visitas!

E todo isto e grazas a vós, que nos seguides nas ondas e a través da rede, que nos dades forzas e o pulo necesario para seguir loitando por aquelo que consideramos máis xusto e igualitario para todos e todas. 

Neste ano de andadura do ENREDATE non podemos máis que sentirnos inmensamente felices e afortunados/as de poder expresar e compartir as nosas inquedanzas, medos, dudas e feridas neste Mundo cada vez máis inhumán e individualizado. Sabemos que hai moito por facer, moitas cousas que cambiar e tamén que estamos nun momento en que no podemos baixar a guardia porque queren quitarnos moitos dos dereitos adquiridos. Pero sabemos tamén que non estamos sós nin soas nesta pequena illa chamada Utopía, camiñamos da vosa man, complices na noite radiofónica e na internet durante todo o día. 

Grazas por estar ahí, esperamos seguir disfrutando da vosa compañía 2000 visitas máis (coma mínimo!)