viernes, 6 de abril de 2012

Editorial: Doe a Terra. O Lume que quemou as Fragas.



Doe a terra, doe como se fora cada cm da nosa pel, sangue da nosa sangue. Doe ver arder as Fragas, ver como devora o lume una paraxe de conto no que cada un/ha de nós tiñamos fermosos recordos.
E por desgraza esta non é una catástrofe illada, a organización ecoloxista ADEGA afirma que no que vai de ano arderon mais de 6.000 hectáreas de monte con unha especial afección ós espacios protegidos de Limia-Xurés, O Courel, Macizo Central e agora as Fragas do Eume. Tamén asegura que durante o pasado outono o lume arrasou outras 11.000 hectáreas só en espacios da Red Natural 2000, "o que supón unha catástrofe ambiental de consecuencias tal vez irreversibles para a biodiversidade destas áreas".

Pero o que máis doe e darse conta de que coma sempre, esta nova catástrofe non é casual: é consecuencia da deixadez, dos recortes e da falta de inversión nos espacios naturais protexidos como relata ADEGA no seu comunicado de prensa. 

Tamén ven causado polo irracional modelo forestal actual que olvida os servicios ambientais e sociais do monte e da biodiversidade, que fomenta os monocultivos e que permitiu a proliferación de eucaliptos dentro do parque.


Non esquecemos ademáis que o Gobierno autonómico reduciu o presuposto en  sete millons en xestión e 20 en labores de prevención,  que os equipos das brigadas non están a cubrir baixas por xubilación co que atopanse moitas veces 2 ou 3 persoas para enfrentarse a un incendio, a estas alturas do ano e pese as condicións de sequia deste inverno e primaveira, non estaba desplegado ó cen por cen a precampaña contra incendios…con estas condicións, ¿Cómo non vai descontrolarse o lume?

E por último, non podemos pasar por alto os intereses económicos e industriais postos na zona afectada. Fai dos anos atrás a Xunta quería abrir a ceo aberto unha mina de andalucitas a escasos 50 metros do Parque Natural (O proxecto con algunhas modificiacións xa fora paralizado catro anos atrás polo seu grave impacto ecolóxico sobre a zona). A construcción da mina de andalucitas implica a desaparición e contaminación das augas dos ríos Maciñeira e Belelle que pasan polo Parque e abastecen de auga ás poboacións da localidade e implica a desaparición de parte da fauna e flora do parque. Legalmente, era imposible de executar. Pero por desgraza, nesta nosa Terra, coñecemos perfectamente “ós pirómanos mercenarios” eses que por una boa cantidade de diñeiro, queman zonas sen importarlles nada máis que o posterior beneficio para construcción, para a industria madereira, etc. Unha vez que a parte do Parque en “conflicto” está destruida, xa non existen escollos morais, legais, que impidan a apertura da mina. 

Doe de verás a desinformación, a falta de responsabilidade política, a búsqueda de beneficios sen escrúpulos, o mundo negro que lle estamos a deixar ós/ás nosos/as fillos/as. Ainda que de toda cinza, sempre nace unha pequena esperanza: a cidadanía que loita e que grita que NUNCA MÁIS desastres na nosa Galiza..