jueves, 5 de enero de 2012

Editorial: Palestina.

Temos un problema de gran carga emocional e politica dende o ano 1947 no mundo, é o conflicto Israeli-Palestino con millares de victimas moitas mais dun bando que de outro con millares e millares de presos de un so bando, con millares de nenos orfanos moitos mais dun bando que de outro, con miles de casa destruidas prácticamente dun so bando... En verdade ¿a Comunidade Internacional quere arranxar o problema?

A solución é moito máis sinxela cas famosas follas de ruta; é simplemente cumprir as Leis Internacionais e respetar os Dereitos Humáns.

Teriamos que esixir que Israel cumpra a resolución 242 do 1967 na que lle esixen abandoar os terreos ocupados durante a guerra do 1967 aprobado pola totalidade do Consello Xeral de Naciones Unidas e facerlle cumprir o artigo 6 do tratado de Xinebra de 1948 no que respeita os Dereitos Humáns; só con cumprir estas duas cousas teríamos o problema arranxado nun porcentaxe moi alto... 


Se 124 paises dos 193 paises que compoñen a ONU recoñecen a Palestina coma un estado propio... ¿A que esta esperando a Comunidade Internacional para que sexa Palestina o estado 194 da ONU?

Hai un pais con dereito a veto ó  que non lle interesa isto: son os autonomeados"libertadores do mundo oprimido", os "yankees", que teñen que amortizar o seu apoio militar sen precedentes, unha zona estratexica importantisima para eles e o mesmo tempo coidar o capital que invirten o lobbi xudeu na maoiria dos seus presidenciables.

¿Cómo pode permitir a Comunidade Internacional que ainda exista o dereito a veto?
Un dereito que foi creado o final da segunda guerra mundial pola divión existente entre os paises comunistas e capitalistas para crear un equilibrio quizáis necesario nesa epoca da historia.

Si esto se cumprira e Palestina tivera un estado propio a magnitude do problema para o goberno de Israel seria infinito, pois Palestina podería denunciar a altos cargos militares e politicos e israelies pola ocupación do seu pais, crimenes de guerra e todo o demáis que fixeron durante estas décadas...Entendedes por qué non se permite crear o estado Palestino..

¿Os imaxinades a presidentes israelis e xenerales detidos e levados a Corte Penal Internacional ainda que non a recoñezan?


Como coñecemos a especial sensibilidade do pobo xudeo, aclarar que non é un ataque a este pobo senón o estado sionista e o goberno de Israel. O respeto que temos os/as xudeos/as e o mesmo que temos os pobos musulmanes ,cristianos ,budistas e demáis relixións e formas de vida.