sábado, 30 de junio de 2012

PARTICIPA no Primeiro programa da temporada que ven: Homosexualidade femenina: algunhas cuestións!

Despois da semana de celebracións do orgullo LGTB, e tras o noso especial de dereitos do colectivo, quedámonos con ganas de saber máis e de visibilizar unha realidade que ainda dista moito de vivirse na Sociedade de maneira normalizada. 

Gustaríanos que participarades respondendo a estas cuestións que plantexamos ben nos comentarios do blog ou ben no correo enredatevigo@gmail.com. Con tódalas vosas respostas, faremos un primeiro programa especial na tempada que iniciaremos en outubro sobre os Dereitos LGTB, especialmente en relación as mulleres que teñen sexo con mulleres. 


Se ademáis queredes participar na elaboración ou no propio programa contándonos a vosa experiencia, a da vosa asociacion ou grupo....ou si queredes que vos deamos difusión...ÚSADENOS!!! :) 

Millóns de grazas por adiantado!!!!!!Contamos cas vosas verbas!!!!

Unha aperta reivindicativa,

O equipo do Enredate.


CUESTIÓNS Ó AIRE: 

1. ¿As mulleres homosexuais vense representadas no colectivo e os movementos LGTB e en accións como as celebracións do Día do Orgullo?
2. ¿Hai necesidade de posicionarse como muller fronte ó movemento gay dentro dun sistema patriarcal ou son dos movementos que van da man?¿E co movemento feminista, é integrador para a muller lesbiana?
3.  ¿Cómo valorades os cambios na asignatura de educación para a cidadanía? ¿Podemos falar de retroceso nos valores da Sociedade?
4. ¿Existe ou existiu unha educación formal que oriente la diversidade afectivo-sexual? ¿Cál é a vosa experiencia nese eido? (Aquí si queredes podedes compartir algunha experiencia novidosa que coñezades ou esteades a levar a cabo). 
5. ¿Cál e a situación das persoas que casaron sen a resolución do Tribunal Constitucional? ¿Hai algunha movilización ou protesta contra esta petición ó TC?¿Cómo está o tema da adopción en parellas homosexuais?
6. ¿creedes que se ten en conta ó colectivo de mulleres homosexuais en materia de campañas de prevención de ITs?¿ E  no mercado pornográfico, cultural, prensa ou revistas, etc?
7. ¿Cómo valorades a representación da muller homosexual no arte (Cine, literatura, pintura, etc), daselle un trato de respeto?¿Pensades que a imaxe se corresponde coa realidade?


Se chegastes ata aquí sen desfallecer....novamente GRAZAS!!!!!

viernes, 8 de junio de 2012

Editorial: Pecho os ollos...


Pecho os ollos, non quero ver. Non podo ver.

¿Qué pasa co noso sistema educativo? ¿Cánto máis imos poder soportar?

A educación é a base do desenrolo e crecemento da persoa…e da Sociedade, a base do noso Estado Social, Democrático e de Dereito (ou de que nos están deixando del); somos o que somos porque tivemos a oportunidade de ir a Escola, de aprender, de coñecer e de descubrir…de ler, de restar, de sumar…de pensar. E a nosa Sociedade é como é, plural, aberta, moderna e innovadora porque a súa cidadanía tivo acceso a unha educación gratuíta, pública e de calidade.

Tapo os odios, non quero escoitar. Non podo escoitar.

¿Cómo podo estar asistindo ó desmantelamento da Escola Pública? ¿Cómo imos repoñernos a isto?

Xustifican os recortes alegando que estamos en crisis, que non hai cartos…pero rescatamos bancos por importes astronómicos sen pestañear e sen consultar á población. Non entenden que a Educación, máis nestes momentos tan difíciles, son unha oportunidade de futuro, unha porta aberta e unha garantía de cohesión social. Nos necesitamos a todos e todas para tirar para adiante, non é momento de separar.

Porque si, o que buscan tamén e segregarnos, diferenciarnos máis entre clases, facendo que a brecha entre ricos e pobres sexa cada vez maior e máis insalvable. Profundizan nas nosas diferentas para que no caigamos na conta de que realmente somos iguais e que non estamos enfrentados, senón que temos que traballar mán a mán, veñas da cuna que veñas. Non queren que podamos ver que o verdadeiro enemigo non é o que teño ó meu carón, senón quen dende arriba manexa os fios e as nosas vidas.

Non, Non podo pechar a boca. Non quero calar. 

Estou convencida de que a Educación é unha conquista social que trae xustiza social e igualdade de oportunidades a un país. É un Dereito humán, recoñecido polos Tratados internacionais que España ratificou.

E non imos a calar, imos a sair e decir ben alto e ben claro que queremos unha educación pública, gratuita, laica e de calidade. ¡Que non pasarán!