miércoles, 18 de mayo de 2011

Algo está cambiando.... Da INDIGNACIÓN Á REACCIÓN

Despois dunha exitosa manifestación convocada pola plataforma Democracia Real Xa, moitos/as compañeiros/as están acampando en Principe ata as eleccions deste domingo para mostrar os seu descontento co sistema político e económico actual. Baixo as únicas siglas da movilización cidadá e ó marxe de calquera partido político ou sindical, se aglutinan as esperanzas, os soños, a rabia e as ganas de cambiar o mundo de moita xente.

O equipo do ENREDATE, a título persoal, apoia estas e outras accións de movilización cidadá que podan xurdir a prol dun mundo máis xusto, máis democrático e participativo. Nos tamén pedimos unha democracia real XA! un cambio no sistema! un novo mundo construido por todos/as e entre todos/as!


Se queredes máis información podedes consultar no facebook (organización democracia real ya Vigo, democracia real ya-estatal-), no twitter (#nonosvamos, #spanishrevolution, etc) e na sua web www.democraciarealya.es (Actualmente está "caida" polo número de visitas imaxinamos).

Mañá xoves 19 de maio MARCHA POLOS DEREITOS DAS PERSOAS SEN FOGAR

 
ÚNETE!!!! Poñamos voz @s silenciad@s, fagamos visible @s invisibles...Porque ninguén máis sexa unha persoa sen fogar, por un disfrute real dos Dereitos Humáns, por unha cobertura das necesidades básicas, SAL A RÚA  a esixir á nosa clase política que cumpran con as suas promesas e que se abra de maneria inmediata un Centro de Inclusión Social.  Basta de xogos políticos!!!

Vémonos no MARCO as 20h da tarde!
Posted by Picasa