lunes, 30 de enero de 2012

Editorial: QUEN REGULA OS MEUS DEREITOS? OU MELLOR QUEN DEBE PROTEXELOS?


 Nestas semanas estamos moi preocupadas no Enrédate, so pasaron dous meses dende que o PP estabilizouse no poder no marco estatal, e o conseguido en dereitos fundamentais nos anteriores anos parece temblar e deluirse.

Acostumadas a un discurso económico: vai baixar o paro, fortaleceremos a creación de emprego, non tocaremos as pensións, fixo que sonaran a cantos de serea o programa e a victoria dunha dereita conservadora e con rendida pleitesía a gran broma que é o estado europeo, esos cantos estanse a convertir en: mais parados, unha  reforma laboral que non beneficia o traballador, a suspensión da mayoría do emprego público, a subida dos impostos, a intención de sacar cuartos da venta de armas¡¡¡, o aumento de desaloxos e por tanto, a falta do acceso a vivenda..etc, pero o risco de todo isto é a maiores que enfrascados en números para chegar a fin de mes, desuelle o poder a quenes intentan recortar tamén nos nosos dereitos:a semana pasada o actual ministro de xustiza, (o mesmo suxeito que como alcalde dunha cidade provocaba e insultaba a inteligencia das ciudadanas e ciudadanos pretendiendo levar a cabo ordenanzas como que as persoas que colleran comida do lixo terían que pagar unha multa por desorden público,JA¡¡), anunciaba no mesmo día que o ministerio de xustixa pensaba cambiar a lei do menor, implantar a condena perpetua revisable ( e este tema non será importante e de opinión pública como para que se leve o senado e non se decrete por Lei orgánica?), e como non, a reforma da Lei de Saúde Sexual e reproductiva e da interrupción voluntaria do embarazo do 2/2010 do 3/03 2010.

 Nesta semana no Enrédate imos dedicarlle o programa os dereitos sexuais e reproductivas, parte dos dereitos  fundamentais da persoa que poden ser vulnerados se a reforma da Lei se leva a cabo: recordamos que a protesta do PP no ano 2010 no tribunal constitucional polo cambio da lei no que se refire a interrupción voluntaria do embarazo dun sistema de indicadores ó sistema de plazos ( sistema que figura en case todas as lexislacións europeas da materia) aínda está sen resolver.

Tamén tocaremos o aspecto mais polémico da reforma do 2010, o acceso as mulleres de 16 e 17 anos a unha IVE sen o consentimiento dos tutores ou nais e pais sempre que se alegue unha situación de desamparo ou conflicto onde se poidan estar vulnerando os dereitos desas mulleres.

 Dende o enrédate vos preguntamos:está a sociedade atendendo correctamente a población adolescente en relación os seus dereitos? E necesario un estado que nos regule ou que nos protexa?