viernes, 25 de mayo de 2012

¡Que non que non represéntannos!

¡ Isto e o que hai !..nolo din por activa e por pasiva,que os recortes teñen que facerse dá maneira que eles din,que non hai alternativa posible que temos todos que achegar algo dos nosos dereitos para sair desta crise inventada por eles.Queren ternos sometidos mediante os continuos mensaxes apocalipticos do medo por todolos medios de comunicación que estan o seu servizo que por certo son todos,que nos resignemos polo que nos ven encima,que nos quedemos en casa os que teñamos casa,e os que teñamos traballo darlle grazas o capital de ter emprego e ser tan condescendente con nos...todo isto e unha falacia,unha mentira de magnitude sen parangón na historia dá humanidade.


"Hai un asasino en serie que mata a milleiros de persoas e dinos que os culpable son os asasinados" isto e o que nos queren facer crer,eu negome a creelos e mais eu desprézovos danme noxo escoitalos e cada vez que falan entranme mais gañas de loitar contra o sistema que teñen tambén deseñado e implantado.

Hai os que din que a única solución e esperar 4 anos e escoller a outro goberno e eu respondolles que iso non e a democracia,se só contan comigo cada 4 anos entón eu loitarei o marxen deles...

¡Que non que non represéntannos! cada vez as persoas ou temos mais craro.

Eu penso que falta mais compromiso de loita dunha gran maioria acomodada dá sociedade que sempre tivo todo feito e non seu ADN non existen as verbas loita,compromiso e solidaridade,por unha educación familiar baseada só non consumo e no benestar e por un sistema que os converteu en seres individualizados sen a mais minima aceno de compañeirismo e sentimentos cara a os seus semellantes.

Faise unha folga xeral e non vale,fanse as manifestacions do 15 M e tampouco,todas son campañas de descredito cara a calqueira movimento social que intenta mostrar outro camiño diferente o que temos.

O noso inimigo e poderoso,enorme e cunha forza desproporcionada pero faltalle o que nos sobra a moitos de nos "corazón"por iso compañeiros a resignación e o servilismo e para outros que caeran polo seu propio peso.



¡ Ata a vitoria sempre !

Enredate Amnistia Internacional 4

Enredate Amnistia Internacional 3

miércoles, 23 de mayo de 2012

NOTA DE PRENSA DA REDE SOCIAL GALICIA SUR



NOTA DE PRENSA DA REDE SOCIAL GALICIA SUR
DISPOSITIVO DE PRIMAVERA VS. CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL
AS PERSOAS SEN FOGAR NON PODEMOS ESPERAR

 A Rede Social Galicia Sur manifesta a súa inquietude polo incumprimento, una vez máis, dos prazos previstos para a apertura e posta en marcha do Centro de Inclusión Social para as Persoas Sen Fogar de Vigo. Facémonos eco da  preocupación da cidadanía de Vigo e da dramática situación das personas que viven ou malviven nas rúas da nosa cidade.
A proposta orixinal de peche do Dispositivo de frío o pasado día quince de Marzo, e a súa apertura inmediata como Centro de Inclusión Social, non se fixo realidade ata o presente intre. Non temos, ademais, ningunha noticia ou información ó respecto por parte da Alcaldía.
 É máis que evidente que os prazos das teóricas actuacións non se están a cumprir: As obras necesarias para acondicionar o edificio cara ó cumprimento dos requisitos esixidos pola Xunta de Galicia para a posta en marcha dun recurso deste tipo aínda non comenzaron,  non se fixo a convocatoria pública para a xestión do Centro e non se sabe con certeza se existe unha partida orzamentaria suficiente para este tema.
Todo isto fainos temer polo futuro, non só dos vindeiros usuarios do Centro, senón polas persoas que están a usar na actualidade o Dispositivo de Frío (Primaveral); e polas consecuencias que o incumprimento do acordado polo Concello coa Fundación que cedeu o espazo poidan ter.  
 Instamos ós responsables da Alcaldía a dar reposta a esta falta de información, e a solucionar os problemas actuais que están a impedir que se cumpra coa vella promesa do Centro de Inclusión Social, máxime cando xa dispoñemos dun edificio axeitado dabondo para ese fin.
 A Rede Social Galicia Sur segue agardando unha resposta por parte da Alcaldía ante a petición reiterada dunha entrevista sobre este tema.
                                             
A Rede Social Galicia Sur: ACLAD Alborada, Asoc. Érguete Vigo, Caritas Diocesanas de Tuy-Vigo, Comité Oscar Romero, Emaús Fundación Social, Entreculturas, Fundación Proclade, Grupo Autoapoio Imán Intermón Oxfam, Médicos do Mundo, Parroquia Stmo. Cristo da Victoria, Solidariedade Internacional, Organizacións e colectivos, sen vinculacións partidistas nen sindicais, que traballan no eido social e na  cooperación internacional ao desenvolvemento co fin de acadar unha sociedade máis xusta, igualitaria, equitativa e sostible que respecte os dereitos das persoas,

domingo, 6 de mayo de 2012

Editorial: E o venres recortou...


E o venres recortou…..

Moitas de nós crecemos con aquela frase que pretendía resumir ás expresión de quenes somos? de onde vimos? e a onde imos? na famosa cita: "E no sétimo día descansou"…porque claro ¡¡¡, construír un mundo, cansa. Dende ese momento o domingo, o sétimo día da semana, convertiuse non descanso de todo deus.

Nestes tempos, a moitas de nós, quedanos vivir ou sobrevivir mais ben, con esta nova cita que temos para os fins de semana, grazas ao non-goberno do estado, é decir, que ti pensabas que a frase: "por fin é venres¡¡¡" era igual a un pensamento de liberdade, descanso, festa, relaxación, disfrute...ou calquer pensamento positivo..pois non.


Na idea de recortar que impregna nos diversos ministerios, os  recortes chegan ata os propios pensamentos, e algo positivo, enriquecedor e motivador como a fin de semana, convírtese en algo a temer, despois do anuncio do non-goberno de que os vernes anunciarianse mais recortes...enfins...

Ante esta situación, temos varias posibilidades, entre elas, pensar ou supoñer, que eses recortes económicos van ir destinados ás partidas que ás cidadás e cidadáns non entendemos que se estean a gastar: representación da España; Ministerio de Defensa; Monarquía; pensions a cargos vitalicios; soldos vergonzosos dás persoas políticas, senadores, alcaldes e un longo etc...ou no que se deben de estar gastando nas forzas de seguridade do estado, que cansas de perseguir ás persoas que podían cometer algún delito, agora encárganse de disolver manifestacións, agredir a persoas indefensas, ou vixiar os movementos segundo eles subersivos e con posibilidade de reflexión ou pensamentos propios....

E que entre os recortes de dereitos fundamentais, desmantelación do estado de estar, porque o de benestar xa fai tempo que non existe, e a derradeira novidade de pechar ás nosas fronteiras para evitar a suposta entrada de antisistemas que amolen a reunión do Banco Central Europeo, unha empeza a pensar alomenos algunhas cousas:


Si os antisistema de quen se queren defender, son antisistema, porque o sistema económico que rixe actualmente non cumpre coa consecución dos dereitos humáns nin é equitativo na repartición da riqueza: Non tería mais sentido que o estado  defendéranos do Banco Central Europeo e ás súas medidas económicas que están afogar ás familias? E polo tanto prohibir a súa entrada no país?

Quizais estamos confundidas, pero pensamos que quen tanto nos defende e coida de ameazas posibles, o que esta facendo e imposibilitando a liberdade, a igualdade e a fraternidade, e suponse que eses son os valores que impregnan ás democracias e a convivencia entre ás persoas.

Tamén temos outra opción, e é a de rebelarnos, e usar os instrumentos que temos para combater, coa palabra: saíndo ás rúas e difundindo o noso malestar, e coa acción: como os iaioflautas, ás persoas fartas de pagar ás peaxes en Cataluña que deixaron de facelo, a protesta pola subida dáas taxas do metro en Madrid... e usando ás extratexias de desobediencia civil dos precursores, e dicir: ata aquí.
Esta é a miña liña vermella.

E quizais o venres volva a ser: por fin é venres¡¡¡¡¡

Ninguén está obrigado a cooperar na súa propia perda ou na súa propia escravitude, a Desobediencia Civil é un dereito imprescritible de todo cidadán.

(Mahatma Ghandi)