Mesa informativa sobre VIH/SIDA
Fotos para campaña REDVIH. ‘Non discriminación por vivir con VIH e Sida’
| · Data: xoves 1 decembro · Horario: de 10.00 a 14.00 · Lugar: fachada do MARCO en r/ Príncipe, ou vestíbulo (en caso de choiva) · Coordinan: MÉDICOS DO MUNDO Galicia. Delegación Vigo Asociación FARAXA |
En horario de mañá, unha mesa informativa fronte á fachada principal do MARCO, atendida por voluntarios de Médicos do Mundo e da Asociación Faraxa, estará a disposición do público para repartir material divulgativo sobre VIH/SIDA e atender calquera solicitude de información. Os colaboradores de MDM son axentes de saúde, persoas que colaboran entre grupos de iguais, formadas en redución de danos e riscos, en técnicas de achegamento e asesoramento sociosanitario básico. Pola súa banda, a Asociación Faraxa focaliza a atención en potenciais clientes de prostitución, ademais de ofrecer información sobre ITS e VIH como forma de concienciación, xunto a outros servizos como asesoramento xurídico, social e sanitario.
Ademais, calquera persoa terá a posibilidade de colaborar na Campaña ‘Non discriminación por vivir con VIH e Sida’, promovida por REDVIH en toda España, simplemente facéndose unha fotografía co lema que cada un elixa, relacionado coa campaña, ou informándose sobre outras posibilidades de participación a través da webhttp://actuable.es/peticiones/no-discriminacion-vih-y-sida
Actuación grupo hip-hop. DISTRITO CRIMINAL D.C.
| · Data: xoves 1 decembro · Horario: ás 12.00 · Lugar: fachada do MARCO en r/ Príncipe, ou vestíbulo (en caso de choiva) |