martes, 9 de julio de 2013

Pechamos por vacaciones :)

Pechamos ata setembro...pero para cargar pilas e voltar con máis ganas e máis forza ca nunca!!!
 

Editorial: por un cambio no Social...reivindiquémonos!



Dende sempre hai certas profesións que levan implícito (ou deberían levar) determinada filosofía de vida. Non  podes ter a vocación ou o pracer pola intervención se non es coherente logo na tua vida privada. ¿Tería sentido dedicar oito horas dos cinco días da semana a loitar polos dereitos sociais e logo na vida privada participar sen criterio e sen medida do sistema capitalista, oprimir a quen temos cerca, etc?.

Entón, ¿por qué profesionais do Social están sometidas, caladas, dóciles ante o Sistema? ¿Por qué non son o colectivo de referencia nas loitas a prol dos dereitos humáns e contra os recortes? Por desgraza, hai moita xente que non entende o traballo no social como reivindicación, como cambio e como defensa dos dereitos de tódalas persoas. Cren que a sua función é administrativa e de xestión, se perden na burocracia, nas horas e horas facendo informes, papeis; perden a noción da realidade presionadas continuamente por cumplir obxetivos de ‘racionalización dos recursos’. Non se vive a profesión como vocación se non como modo de buscarse a vida sen máis. E o que é ainda máis triste, cren que a persoa que teñen diante é una aproveitada, que vai a vivir do conto, que quere enganarlle.


Sorprende escoitar a moitas profesionais falando e repetindo uns prexuizos e etiquetas negativas que dan pavor. 

Non se loita contra o Sistema para facelo mais xusto, se é parte de él, do problema. Promovese a caridade e o asistencialismo, non se facilita o empoderamento das persoas usuarias como suxeitos con Dereitos e Deberes. É a cara visible do que pon barreiras á inclusión social de certos colectivos (persoas sen fogar, migrantes sen documentación, persoas consumidoras de drogas, etc), a cara que o Poder usa para excluir a alguén e decirlle que non hai nada que o Estado (español, galego, local) poda facer no seu caso. E en vez de rebelar, de canalizar a rabia e a indignación en acción, de coller todas esas vulneracions e situación críticas e plantarlle cara as políticas de austeridade, á morte do Estado Social e ao sistema capitalista, tragase a ira, a convertese en ansiedade e dor e quemanse como profesionais volvéndose robots. 

Reivindicamos un cambio no traballo. Reivindicamos que volvan ser ese grupo que promove un mundo mellor, mais xusto e equitativo. Reivindicamos que se poden facer as cousas doutro modo, que hai a capacidade de ser a voz dos sen voz e a pantalla a través da cal visibilizar a cara oscura dunha Sociedade cada vez mais enferma.