martes, 17 de abril de 2012

EDITORIAL ENRÉDATE-DE REPÚBLICA (LA COSA DE TODOS)

A cidadanía é inculta. Só así pódese entender que trabuquen os «aforros» nos presupostos cos «recortes» dos que tanto falan. A causa desto pode ser a ineficacia da política en Educación, traducida no fracaso escolar, e os programas educativos que fan que un enxeñeiro, por exemplo, non teña nin idea de quen raio foi Aristóteles. Segundo o Goberno, esto ten un amaño doado: menos profesores e máis alumnos por clase. Sendo máis, malo será que non haxa algún que lles ensine ós seus compañeiros, mentres os profesionais do ensino exercen a súa cátedra na rúa (ata que os manden á cadea).


E, falando dos «aforros», non tiñamos que agardar outra cousa, dende que asistimos ó logro do fin derradeiro do capitalismo: A conversión dos Estados nunha Sociedad Limitada, cuios socios ben sabemos quen son. Coa salvedade de que os que aportan o capital e crean riqueza co seu traballo non son partícipes da Sociedad e, polo tanto, tampouco dos dividendos. Nos tempos da escravitude, a lo menos o escravo tiña un valor, un prezo, e os donos trataban de mantelos sans e que non morreran. Agora tamén hai medo a que enfermen (para «aforrar» na súa cura), pero non a que morran (para «aforrar» nas pensións). É un xeito maquiavélico de acabar co paro.

Noutro orde de cousas, asistimos estes días á reflexión (ou «mosqueo») popular (falamos do pobo, non do partido) sobre a propia constitución do noso Estado como monarquía, e algún clama calificando ésta de «medieval». No Medievo, a lo menos, a aristocracia pagaba do seu peto as guerras e demáis trangalladas, ben que a costa da plebe (os impuestos), e a Igrexa termaba da Cultura nos mosteiros (tamén, eso sí, a costa dos campesiños e artesáns). Pero invertían os recursos económicos no país. Fachendeaban de castelos e igrexas, pero daban traballo ós canteiros, labregos etc. Ata había algún que construía hospitais e financiaba viaxes científicos. Facían algo, inda que fora por eles mesmos ou para quedar a ben con Deus. ¿Qué é o que fan agora?. Sacar os recursos económicos fora do país, constituírse non en gobernos, senón en Consellos de Administración para se repartir entre eles os cargos directivos, as prebendas, as exencións fiscais, en resumo os cartos. ¿De qué serve votar, se toda a Administración é logo posta a dedo polos gañadores?

O Estado non é unha empresa comercial, nin unha xuntanza de amigotes de taberna, nin unha peña futbolística. É un colectivo de persoas que traballan para o benestar de todos.