viernes, 24 de agosto de 2012

E seguimos recollendo as vosas aportacións!!!



Lembrade que seguimos recollendo as vosas aportacións sobre a situación pasada, presente e futura do colectivo LGTB.

Animádevos a participar!!!! Estamos preparando un especial radio para a volta que nos imos sair!!! E todo grazas a vós, que estades a colaborar :) Miles de apertas!

1. ¿As mulleres homosexuais vense representadas no colectivo e os movementos LGTB e en accións como as celebracións do Día do Orgullo?
2. ¿Hai necesidade de posicionarse como muller fronte ó movemento gay dentro dun sistema patriarcal ou son dos movementos que van da man?¿E co movemento feminista, é integrador para a muller lesbiana?
3.  ¿Cómo valorades os cambios na asignatura de educación para a cidadanía? ¿Podemos falar de retroceso nos valores da Sociedade?
4. ¿Existe ou existiu unha educación formal que oriente la diversidade afectivo-sexual? ¿Cál é a vosa experiencia nese eido? (Aquí si queredes podedes compartir algunha experiencia novidosa que coñezades ou esteades a levar a cabo). 
5. ¿Cál e a situación das persoas que casaron sen a resolución do Tribunal Constitucional? ¿Hai algunha movilización ou protesta contra esta petición ó TC?¿Cómo está o tema da adopción en parellas homosexuais?
6. ¿creedes que se ten en conta ó colectivo de mulleres homosexuais en materia de campañas de prevención de ITs?¿ E  no mercado pornográfico, cultural, prensa ou revistas, etc?
7. ¿Cómo valorades a representación da muller homosexual no arte (Cine, literatura, pintura, etc), daselle un trato de respeto?¿Pensades que a imaxe se corresponde coa realidade?