miércoles, 19 de febrero de 2014



Progrma sobre os centros sociais
A COVA DOS RATOS¡¡
https://archive.org/details/Enredate11.2.14


jueves, 6 de febrero de 2014

martes, 19 de noviembre de 2013

Editorial: Falta Xente


Cando a semana pasada falabamos de mareas, usamos a cor branca, a verde, pero non a cor negra.Non nos esquecíamos, o cheiro a chapapote é dificil de esquecer, como o é tamén a visión das praias, da mar, das rochas tenxidas dun negro cor/dor.

Algunhas de nós aínda teñen nas paredes a bandeira do recordo, ás fotos, os recortes daqueles días, e a nota en común é a dor, ás bágoas, si, algunhas da emoción da outra marea branca, a da solidariedade de todas ás persoas que se achegaron a limpar a costa; mais a sensación común era a da posibilidade de evitar a catástrofe, e sentiuse dende o día 13 ata o 19 que rachou o barco, e conxugabase coa incredulidade de que algo así poidera acontecer sen poder facer nada para evitalo.

Trece anos despois a incredulidade ante os mesmos feitos e a total ausencia de responsabilidade é a mesma, ou mais si se pode.Vivias pendente das noticias, que ocultaban mais que informaban, pero case daba igoal porque a mar traía ás costas o que se quería ocultar.

Non estamos dacordo coa sentenza emitida no caso do prestige, mais non quedaba outra, entendase, quen estaba sentado non banco dos acusados? O capitán do barco( condena de 9 meses por desobediencia) o xefe de máquinas e o exdirector da mariña mercante....faltanos xente.

Os mesmos que once anos despois os atopamos en postos similares o de mais poder, que siguen a falar dunha conspiración de esquerdas, sen aprender que se o mar non entende de fronteiras, que vai entender de coordenadas...

Non sabemos o que poidera pasar se no ano 2002 se fixeran as cousas doutro xeito, é certo, pero si, que favorecendo a impunidade no 2013, podemos garntir que estamos mais perto doutro Prestige,e o contrario da canción: a vida non é igual.

viernes, 8 de noviembre de 2013

Editorial: a marea

Unha marea verde, unha marea branca. Unha marea de voces, ríos de xente, augas revoltas e fortes que removen e o transforman todo ao seu paso.

Unha marea verde cargada de indignación pero tamén de unión de todo un sector, dendo o alumnado, ata as AMPAS e o profesorado. Xóvenes que volven a crer na loita, na implicación social e na sua capacidade de mudar o mundo e loitar polo que é seu. Unha illa que se paraliza reclamando unha educación pública de calidade e contra os recortes do goberno autonómico e estatal. Que consiguen que se modifique unha disposición sobre as becas erasmus, que fai que se aplace ata 2017 a implantación da LOMCE...e ainda queda máis por acadar, por suposto.

Unha marea branca que aboga por unha sanidade pública, de calidade e universal, sen que ninguén quede fora,para todos e todas. Unha sanidade que sea digna tanto para os que traballan nela como para os que a usan. Profesionais, pacientes e cidadanía en xeral que tras varias folgas, manifestacións e campañas de presión conseguiron que a Xustiza declarara ilegais algunhas das privatizacións que o goberno autonómico do PP quere implantar en Madrid. Conseguiuse que nalgunhas Comunidades se obxetara “soterradamante” a disposición que non permite dar asistencia non urxente a persoas en situación irregular.

Cando as veces decimos case en automático que “sair a rua non sirve de nada”, que protestar non funciona nin cambia as cousas, olvidamos estas pequenas grandes batallas que peleamos diariamente e que ganamos. Supoñen un esforzo e implicación de moitas persoas, supón deixarse o corazón e a pel sen ter garantías de conseguilo e ainda asi, sempre quedamos as que non queremos rendirnos. É fermoso.

E así seguiremos, as mareas multicolores cargadas de esperanzas e ideas de xustiza e dereitos humáns. Porque acabaran escoitándonos, somos a rúa, somos máis.

martes, 15 de octubre de 2013

Xa estamos de volta

Despois de todo un verán de desconexión e descanso voltamos cas pilas ben cargadas.

Estamos a preparar unha programación moi variada e para tódolos gustos e sensibilidades. A estructura do programa sufrirá algunhas modificacións e este ano incorporaremos entrevistas e grabacións fora do estudio  O que non cambia é a nosa visión crítica e reivindicativa :)

A equipa refórzase cunha nova colaboradora nas "sombras" chamada Lorena, e aqui seguimos Txus, Elena e  a xa non tan pequena, Noa. Por suposto ca maxia da realización técnica de Jose.

Estade atentxs porque pronto comenzamos. O martes 29 de outubro as 23.30h empezamos emisións.

Grazas por agardarnos...grazas por seguir ahi!!!
Vémonos nas ondas!! (E no facebook e twitter)

martes, 9 de julio de 2013

Pechamos por vacaciones :)

Pechamos ata setembro...pero para cargar pilas e voltar con máis ganas e máis forza ca nunca!!!
 

Editorial: por un cambio no Social...reivindiquémonos!



Dende sempre hai certas profesións que levan implícito (ou deberían levar) determinada filosofía de vida. Non  podes ter a vocación ou o pracer pola intervención se non es coherente logo na tua vida privada. ¿Tería sentido dedicar oito horas dos cinco días da semana a loitar polos dereitos sociais e logo na vida privada participar sen criterio e sen medida do sistema capitalista, oprimir a quen temos cerca, etc?.

Entón, ¿por qué profesionais do Social están sometidas, caladas, dóciles ante o Sistema? ¿Por qué non son o colectivo de referencia nas loitas a prol dos dereitos humáns e contra os recortes? Por desgraza, hai moita xente que non entende o traballo no social como reivindicación, como cambio e como defensa dos dereitos de tódalas persoas. Cren que a sua función é administrativa e de xestión, se perden na burocracia, nas horas e horas facendo informes, papeis; perden a noción da realidade presionadas continuamente por cumplir obxetivos de ‘racionalización dos recursos’. Non se vive a profesión como vocación se non como modo de buscarse a vida sen máis. E o que é ainda máis triste, cren que a persoa que teñen diante é una aproveitada, que vai a vivir do conto, que quere enganarlle.


Sorprende escoitar a moitas profesionais falando e repetindo uns prexuizos e etiquetas negativas que dan pavor. 

Non se loita contra o Sistema para facelo mais xusto, se é parte de él, do problema. Promovese a caridade e o asistencialismo, non se facilita o empoderamento das persoas usuarias como suxeitos con Dereitos e Deberes. É a cara visible do que pon barreiras á inclusión social de certos colectivos (persoas sen fogar, migrantes sen documentación, persoas consumidoras de drogas, etc), a cara que o Poder usa para excluir a alguén e decirlle que non hai nada que o Estado (español, galego, local) poda facer no seu caso. E en vez de rebelar, de canalizar a rabia e a indignación en acción, de coller todas esas vulneracions e situación críticas e plantarlle cara as políticas de austeridade, á morte do Estado Social e ao sistema capitalista, tragase a ira, a convertese en ansiedade e dor e quemanse como profesionais volvéndose robots. 

Reivindicamos un cambio no traballo. Reivindicamos que volvan ser ese grupo que promove un mundo mellor, mais xusto e equitativo. Reivindicamos que se poden facer as cousas doutro modo, que hai a capacidade de ser a voz dos sen voz e a pantalla a través da cal visibilizar a cara oscura dunha Sociedade cada vez mais enferma.

martes, 25 de junio de 2013

Editorial: O verán...

    O tempo é unha dimensión relativa, e agora que comeza outra estación, e no veran todo é mais lento, todo sona coma mais lonxe, e a información perdese entre raio e raio de sol..pensamos que xa fai demasiado tempo que o poder, que ten o seu maior aliado na linguaxe, poderosa ferramenta¡¡,acostumámonos tanto a escoitar falar de reformas e de recortes, que non reaccionamos como deberiamos ante ás barbaridades que se impoñen.

    Unha chamada reforma laboral que é igual a perda de dereitos laborais, cun retroceso de mais de 20 anos, e expulsa do mercado laboral a montóns de persoas, e voltamos recorrer a emigración coma fonte de sobrevivencia; unha chamada reforma sanitaria, que vulnera o dereito fundamental a saúde, a milleiros de persoas, so por unha falta administrativa.


    Unha chamada reforma educativa, que é unha privatización da ensinanza e creación dunha élite educada, e para mais chiste deixaría fora a parte de quen a propón, porque non daban a media, engadimos nós que nin a talle para gobernar.

    Un goberno que non modifica ás leis que permiten que uns administradores de diñeiro,cobren ou deixar o seu posto de traballo indemizacións millonarias, e que quitalle mais dun 50% vos aforros das persoas se queren recuperar o seu capital; Leis que desprotexen ás persoas con créditos hipotecarios e condenan a non ter casa pero seguir pagando ela...Decisións de impulsar a economía dandolle os cartos aos bancos e quitarllo aos contribuintes...

    Sempre preguntámonos como era posible que un tipo baixiño, de pelo negro, con bigote e se nos permitides feucho, dixera os catro ventos que quen debería gobernar eran os tipos de constitución aria: tipos altos, de pel branca, louros e guapiños.....E sorprendentemente para nós, milleiros de persoas creron nil....

    Imos entendendo como se fai, construindo niveis de vergonza, de cambios de significado ata que ou significante borrase dá mente, e onde falabamos de dereitos e de liberdade, falemos de deberes e cadeas.

Ollo o que nos acostumamos mentras tomamos o sol¡¡¡¡

martes, 11 de junio de 2013

Rematamos a temporada...EDITORIAL



Remata una temporada mais. Outro ano aprendendo e disfrutando os misterios da radio, a maxia das verbas “sen rostro”, das voces na noite e da música mecendo os soños. 

Outro ano en que temos a oportunidade de compartir con todos e todas vós as nosas inquedanzas e dores a través de Radio ECCA a pesares de ter que reinventarnos e sobrevivir aos constantes cambios que trae a vida: tiveron que arribar en porto Celso e Jaime, en busca doutros placeres e motivacions un, en busca de si mesmo e do seu camino o outro. Pero a cambio crecimos cunha pequena e dulce incorporación que nos acompañaba cos seus primeiros balbuceos e choros nas grabacións do programa: Noa, filla e sobriña nas ondas, a miña bebe nacida en decembro de 2012 e que está mamando o amor por este medio, o gusto polo micrófono…e a sangue da revolución!

Esta temporada falamos de moitos temas: da renda básica, da pobreza e a exclusión social, dos dereitos da muller e o bebé a un nacemento respetado, das vulneracions do dereito a saude e a vida digna, de mobilizacións, de ecoloxía e desenrolo sostible, … e en todos e cada un puxemos o noso corazón enteiro. Esperamos de verdade que os gustaran. 

Moitas grazas por este regalo, por permitirnos entrar nas vosas casas os martes pola noite.
Grazas por estar ahí, por compartirnos, comentar e seguirnos en facebook e twitter.
Grazas por ser,por estar, por vir xunto a nos a intentar comprender e cambiar o mundo.

miércoles, 29 de mayo de 2013

A PARTICIPACIÓN HOXE: onde estamos e cara a onde vamos(I).

No noso pequeno/grande mundo europeo, o discurso da ingobernabilidad das persoas e da suposta existencia de grupos "fóra de", (sexa do sistema, sexa do discurso, polo suposto equívoco de dar demasiada liberdade) produciu un rexeitamento forte ao discurso popular (pertencente ou relativo ao pobo) de ser capaces de crear estruturas fortes e eficaces á hora de enfrontarse aos problemas, inquietudes ou formas de establecer os pactos sociais entre as persoas; e construíu o discurso do chamado "Goberno": que ten como instrumentos os comités de expertos, en substitución da cidadanía; os métodos de coordinación abertos coa creación dos novos actores sociais ( empresas); que nos di que o estado xa non puiden satisfacer as necesidades sociais como antes, e é necesario unhas "novas regras de xogo",é dicir, que o estado sexa ineficaz na protección de dereitos, e que sexa permisivo nas leis internacionais económicas en contra dos intereses dos cidadáns; que fala de espazos onde todos poden participar, pero esa participación esta definida previamente pola repartición de poder que xa non é nacional, senón supranacional e onde as voces das persoas teñen cada vez menos posibilidade de escoitarse, trasladada aos seus representantes que negocian as políticas máis interesantes para os criterios mercantilistas e onde o "todos", vén definido por actores que non entran dentro da nosa idea de sociedade civil: parece razoable, o que non pode ser o mesmo unha empresa que busca un beneficio propio, o lucro persoal, e unha organización (ONG) que defende certos valores e non os seus propios intereses.

    É necesario que as persoas tomen conciencia de se mesmas, como pertencentes a iso público, que a todas nos concirne, e que participen activamente na discusión das propostas políticas: pero para iso haberá que formar as persoas para a creación dunha vida asociativa que ao mesmo tempo fortaleza a democracia; de aí a importancia de ver o estado como parte do público.

    O concepto de participación vai ligado ao de representación, e de aí a importancia que cobra na dimensión política ( entendida esta como: a actividade do cidadán cando intervén nos asuntos públicos coa súa opinión, co seu voto, ou de calquera outro modo) o coñecemento de quen participa e como o fai.

    A cuestión vén establecida dalgunha forma en termos dicotómicos: se a sociedade civil debe participar nesas novas regras de xogo (que establece o poder hexemónico) e trasladarse á mesa de negociación, ou, seguir exercendo o seu dereito de participación na ágora social (onde é a cidadanía a que fala e decide) conxuntamente coa necesidade de definir que actores pertencen a esa sociedade civil.

    A elección que se faga pon de manifesto que tipo de poder se establece: se é unha cuestión de elección, consideramos a necesidade de estar representadas na sociedade, coas estruturas que aínda hoxe están vixentes: non desmantelar os movementos sociais clásicos, ( movemento obreiro e estudantil) nin o estado como estrutura de unión de persoas; as dúbidas ao respecto saen sobre a aceptación das novas regras de xogo nas mesas de negociación; a deliberación é un proceso máis xusto que a negociación, mais debese de tratar de usar as ferramentas xa existentes con aquelas que sexamos capaces de crear, para fortalecer os mecanismos que garanten os dereitos existentes.E non favorecer a sangría da vulneración e desaparición de dereitos xa consolidados.

miércoles, 15 de mayo de 2013

Editorial: cuestión de mortes...non valen o mesmo A e B



Non entendo…un morto aquí vale mais que un morto alí. Ata para morrer existen  clases, castas…ata para morrer é importante onde residas, de onde sexas, a cor da tua pel.
¿existiran acaso, os espiritus de segunda? ¿teremos que seguir loitando despois de mortas para acadar a igualdade “no outro lado?
Atentado en EEUU: 3 mortos. Repercusión mediatica enorme, magnificada. Horas e horas de noticias, páxinas de periódicos, condena inmediata dende todolos gobernos “democráticos”.
Masacre en Siria: centos de miles de mortos, un goberno que non ten miramentos en masacrar a sua poboacion civil, unas faccions rebeldes que tamén se pasan os dereitos humáns pola cara. Pobreza, dor, sangue, violencia, opresión,… de veciño a veciño. Guerra civil. Mes tras mes siguen as matanzas e a Comunidade Internacional non é quen de posicionarse se quera.  Deus me libre de morrer en Siria, sería realmente una fantasma invisible (Ah! Non, que si son occidental e morro ali, enton si haberia repercusión….porque o meu corpo vale tripe).
Somalia, Corno de Africa: fame, desnutrición, refuxiados e refuxiadas no continente expoliado. Nenos e nenas que non chegan aos 5 anos, que morren sen folgos, sen facer ruido, sen chorar porque non teñen se quera forzas. Nais e pais que teñen que levar os seus corpos nos brazos. O mundo “civilizado” mira para outro lado, e segue a tirar comida, a gastar millons e millons en productos dietéticos e estética. Aquí morremos de exceso, de obesidade.
España: Persoas migradas que ao non ter papeis morren sen atención sanitaria. Vergonzosa “marca España”, pero de novo voltamos os ollos e nos lobotomizamos con gran hermano, o futbol, os cotilleos, total! Non somos nós, non era españois, non valen o mesmo. Non se lle chora igual a un negro que a un branco.
E así a lista será interminable… aquí e acolá, graduando, facendo una xerarquía macabra e indigna...
Os que valen ben; os que non, olvido son.

martes, 30 de abril de 2013

Reflexions o 1 de Maio: Editorial

¿Podemos ter un desenvolvemento económico sen un desenvolvemento social?

    Moito temémonos que non, e ademais non tería sentido: cando falamos de desenvolvemento, de crecemento, o falamos dende os parámetros de expansión persoal e social, non so dende o desenvolvemento financieiro.

    A burla esta en disfrazar, en poñer verbas baleiras non de contido, que se o teñen, senón de intencións nos plans, medidas, axustes, sobre como, ou cara a onde imos ir para frear a sangría que esta a matar, non so esperanzas e posibilidades, senón tamén persoas que se quedan no camiño.

    Esta semana estamos todas convidadas a sair unha vez mais a rúa pola reindivicación do dereito ao traballo, ou ano pasado ás manifestacións do día 1 de maio, convertironse nun berro de repulsa ás medidas dá reforma laboral do goberno. Ás traballadoras e traballadores sabíamo-la ruína que sería, ás persoas autónomas tamén,... ou empresario festexaba non so a era do libre comercio de obxectos, senón a era da persoa convertida en obxecto.

    Un ano mais tarde da reforma laboral o número de persoas desempregadas pasa dos seis millóns... e ou goberno anuncia novos recortes, impostos e medidas de axuste:Un pais rico convirtese nun pais pobre, a pobreza convírtese en miseria e ás persoas privilexiadas o son un pouco mais...

    Sobrannos os motivos para sair un día mais a reindivicar na rúa, no espazo público, que queremos emprego, e emprego de calidade, que se valore a formación, a experiencia, a oportunidades..que se pare a destrución dos dereitos laborais, e sobre todo, que se pidan responsabilidades a quenes terian que defender e garantir eses dereitos e fan todo o contrario.