Dende sempre hai
certas profesións que levan implícito (ou deberían levar) determinada filosofía
de vida. Non podes ter a vocación ou o
pracer pola intervención se non es coherente logo na tua vida privada. ¿Tería
sentido dedicar oito horas dos cinco días da semana a loitar polos dereitos
sociais e logo na vida privada participar sen criterio e sen medida do sistema
capitalista, oprimir a quen temos cerca, etc?.
Entón, ¿por qué profesionais
do Social están sometidas, caladas, dóciles ante o Sistema? ¿Por qué non son o
colectivo de referencia nas loitas a prol dos dereitos humáns e contra os
recortes? Por desgraza, hai moita xente que non entende o traballo no social
como reivindicación, como cambio e como defensa dos dereitos de tódalas
persoas. Cren que a sua función é administrativa e de xestión, se perden na
burocracia, nas horas e horas facendo informes, papeis; perden a noción da
realidade presionadas continuamente por cumplir obxetivos de ‘racionalización
dos recursos’. Non se vive a profesión como vocación se non como modo de
buscarse a vida sen máis. E o que é ainda máis triste, cren que a persoa que
teñen diante é una aproveitada, que vai a vivir do conto, que quere enganarlle.
Sorprende
escoitar a moitas profesionais falando e repetindo uns prexuizos e etiquetas
negativas que dan pavor.
Non se loita
contra o Sistema para facelo mais xusto, se é parte de él, do problema. Promovese
a caridade e o asistencialismo, non se facilita o empoderamento das persoas
usuarias como suxeitos con Dereitos e Deberes. É a cara visible do que pon
barreiras á inclusión social de certos colectivos (persoas sen fogar, migrantes
sen documentación, persoas consumidoras de drogas, etc), a cara que o Poder usa
para excluir a alguén e decirlle que non hai nada que o Estado (español,
galego, local) poda facer no seu caso. E en vez de rebelar, de canalizar a
rabia e a indignación en acción, de coller todas esas vulneracions e situación
críticas e plantarlle cara as políticas de austeridade, á morte do Estado
Social e ao sistema capitalista, tragase a ira, a convertese en ansiedade e dor
e quemanse como profesionais volvéndose robots.
Reivindicamos un
cambio no traballo. Reivindicamos que volvan ser ese grupo que promove un mundo
mellor, mais xusto e equitativo. Reivindicamos que se poden facer as cousas
doutro modo, que hai a capacidade de ser a voz dos sen voz e a pantalla a
través da cal visibilizar a cara oscura dunha Sociedade cada vez mais enferma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario