E o venres recortou…..
Moitas de nós crecemos con aquela frase
que pretendía resumir ás expresión de quenes somos? de onde vimos? e a onde imos? na famosa cita: "E no sétimo día
descansou"…porque claro ¡¡¡, construír un
mundo, cansa. Dende ese momento o domingo, o sétimo
día da semana, convertiuse non descanso de todo deus.
Nestes tempos, a moitas de nós, quedanos vivir ou sobrevivir mais ben, con esta nova cita que temos para os fins de semana,
grazas ao non-goberno do estado, é decir, que
ti pensabas que a frase: "por fin é venres¡¡¡" era igual
a un pensamento de liberdade,
descanso, festa, relaxación,
disfrute...ou calquer pensamento positivo..pois non.
Na
idea de recortar que impregna nos diversos ministerios, os recortes chegan
ata os propios pensamentos, e algo positivo,
enriquecedor e motivador como a fin de semana, convírtese
en algo a temer, despois do
anuncio do non-goberno de que os vernes anunciarianse mais recortes...enfins...
Ante esta situación, temos varias posibilidades, entre elas, pensar ou supoñer, que eses recortes económicos van ir destinados ás partidas que
ás cidadás e cidadáns non entendemos que se estean a
gastar: representación da España; Ministerio de Defensa; Monarquía; pensions a cargos vitalicios; soldos
vergonzosos dás persoas políticas, senadores,
alcaldes e un longo etc...ou
no que se deben de estar gastando nas forzas de seguridade do estado, que cansas de perseguir ás persoas
que podían cometer algún delito, agora encárganse de
disolver manifestacións, agredir a persoas indefensas, ou vixiar os movementos segundo eles subersivos e con posibilidade de reflexión ou pensamentos propios....
E que
entre os recortes de dereitos fundamentais,
desmantelación do estado
de estar, porque o de benestar xa
fai tempo que non existe, e a derradeira novidade de pechar ás nosas fronteiras para evitar a suposta entrada de antisistemas que amolen a reunión do Banco Central Europeo, unha empeza a pensar alomenos algunhas cousas:
Si os antisistema de quen se queren defender, son antisistema, porque o sistema
económico que rixe actualmente non
cumpre coa consecución dos dereitos humáns nin é
equitativo na repartición da riqueza: Non tería mais sentido que o
estado defendéranos do
Banco Central Europeo e ás súas medidas económicas
que están afogar ás familias? E polo tanto prohibir
a súa entrada no país?
Quizais
estamos confundidas, pero pensamos que quen tanto
nos defende e coida de ameazas
posibles, o que esta facendo e
imposibilitando a liberdade, a igualdade
e a fraternidade, e suponse
que eses son os valores que impregnan ás democracias
e a convivencia entre ás persoas.
Tamén temos outra opción, e é a de rebelarnos, e usar os instrumentos que temos para combater, coa palabra: saíndo
ás rúas e difundindo o noso malestar, e coa acción: como os iaioflautas,
ás persoas fartas de
pagar ás peaxes en Cataluña que deixaron
de facelo, a protesta pola
subida dáas taxas do metro en Madrid... e usando ás extratexias de desobediencia civil dos precursores, e
dicir: ata aquí.
Esta é a miña liña vermella.
E quizais o venres volva a ser: por fin é venres¡¡¡¡¡
Ninguén está obrigado a cooperar na súa
propia perda ou na súa propia escravitude, a Desobediencia Civil é un dereito
imprescritible de todo cidadán.
(Mahatma Ghandi)
(Mahatma Ghandi)