viernes, 17 de febrero de 2012

Editorial: ¿Estamos a facer ben as cousas en Saude Mental?


Ó meu amigo C… morreulle a nai hai uns anos e vive coa sóa compaña dunha tribu de gatos. Ás veces atópome con el de vagar pola rúa, ou a falar e rir baixiño ou calado, coa mirada cara ó chan, a pensar Deus sabe que lerias. O meu amigo  é esquizofrénico e cando lle preguntamos polo tratamento que está a seguir, non é quen de explicar nada ó respecto. Podíase pensar que esa falla de información é motivada pola propia enfermidade, pero cando afondamos no tema dámonos de conta que os supostamente sans tampouco son quen de lle ver algo medianamente lóxico no xeito que teñen de atender dende a Sanidade o seu problema. Ante a pregunta a profesionais da saúde mental de por qué non está nalgún programa de terapia, a resposta é que, inda que no seu caso sería non xa necesario, senón imprescindible, pois sinxelamente «non hai sitio» e, a maiores, caso de habelo, segundo eles mesmos, non sería o axeitado, ou sexa «non hai» e punto.


 E estamos a falar dun caso illado que podería pasar por unha sinxela anécdota se non fora porque ¿cantas persoas están no seu caso ou semellantes?. Achegándonos ás estadísticas vemos que moitas mais das que se pensaría, e os problemas de saúde mental non fan máis que aumentar, e un motivo importante dabondo é a perda do benestar (ou do, a lo menos, «estar») de resultas dos problemas económicos e sociais da poboación en xeral, e da que está marxinada por algunha causa, en particular; deste xeito, andamos a dar voltas: marxinación = perda de saúde mental e viceversa.

E non podemos rematar esta reflexión sen lembrar que neste país quen leva o peso da atención as persoas con problemas de saúde mental son as asociacións de particulares, e que eses particulares, familiares, pacientes, profesionais… forman parte da nosa sociedade; esa sociedade somos nós todos, e constituímonos mal que ben nun Estado, e un Estado ten as súas obrigas que cumplir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario