lunes, 21 de noviembre de 2011

Editorial por Lobo


Estreamos nova sección no blog.




“NUNCA CAMINAREI SO” by Lobo


Non voto e segue todo igual coma se votase,non voto porque non creo neste sistema electoral,non creo neste sistema socio- economico e non creo neste sistema político.Isto significa que son un anti-sistema pois sí, aínda que non nego que formo parte del con maior ou menor implicación é o único que podo facer ata dia de hoxe(Seica outro sistema non é posible?) ,non vexo unha saída a todos os problemas que me rodean con este sistema tan inxusto que crea cada vez mais diferenzas sociais entre as persoas,que reparte mal ou non reparte a riqueza entre todos os seus membros, que os pobres son mais pobres e os ricos son mais ricos.


Un sistema que promove a competitividade entre as persoas algo inhumano baixo o meu punto de vista pois isto vai acompañado dunha contorna socio-laboral agresivo. Se non es competitivo non vales para esta sociedade pois o teño claro ¡Eu non valgo! me rio desta verba que esconde tras ela todo o contrario a compañerismo,solidaridade e humanidade.Esto o vivo dia a dia nunha multinacional que se deixas esmagan o teu intelecto e a tua personalidade(algún dia profundizarei nisto).


Onte eleccións xerais no estado español un partido político co 44% dos votos consegue a maioría absoluta Que non cho cres? pois é verdade spanish is diferent,polo menos quédame a conciencia tranquila de non formar parte desta pantomima que a denominan a festa da democracia e só é un atropelo os millóns de persoas que votaron e os que non votaron tamén ,pois a política non se fai só indo votar senón dia a dia como di un amigo mio “Derrubando muros”e iso é o que levo facendo desde que eu recorde,o meu compromiso político é total pero non con políticos senón cas persoas.


Din que as urnas lexitímanche para mandar os designios dun estado ¡Pode ser! Pero que non se esquezan os que van mandar e mangonear os seres humanos que formar parte deste estado plurinacional que teñen “só”o apoio de 10.800.000 votos que hai 27.000.000 de persoas que non os apoiaron a eles daralles o mesmo pero a min tranquilízame.



No hay comentarios:

Publicar un comentario